Vilasantar Vilasantar Vilasantar
actualidade
INICIO ACTIVIDADES MUNICIPAIS
CONCENTRACION PARCELARIA DA ZONA DE BARBEITO-CONCELLO DE VILASANTAR
Vilasantar
15-09-2016
Pónse en coñecemento dos/as interesados/as no proceso de concentración parcelaria da zona de Barbeito, declarada de utilidade pública polo Decreto 68/1989, do 13 de abril de 1989, que o proxecto de obras de camiños estará exposto ao público durante o prazo de UN MES, A CONTAR DENDE MAÑÁ VENRES DÍA 16 DE SETEMBRO.
Ruta Cabalar San Pedro de Mezonzo
Vilasantar
12-09-2016 Máis de 50 cabaleiros percorreron o tramo da ruta que discorre polas pistas da parcelaria de Armental e de San Vicenzo.
Contrato para a xestión integral do Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
Vilasantar
07-09-2016 Contrato para a xestión integral do Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS
Vilasantar
12-08-2016
Na galeria fotográfica podedes ver como transcurreu a xornada de xogos tradicionais, na que participaron 20 nenas e nenos. Divertímonos xogando coma as nosas xeracións pasadas a Pita Cega, Pés Quedos, As Catro Esquinas,Tiro a Corda, O Pano, O Brilé, O Gato e o Rato, A Chave de Santiago, Os Birlos e a Rá entre outros.
XORNADA DE XOGOS POPULARES
Vilasantar
02-08-2016
O xoves 11 de Agosto, os nenos e nenas do Concellos de Vilasantar, poderan participar na Xornada de Xogos Populares que terá lugar na Área de Xogos Tradicionais de Présaras de 11:00h. a 14:00h. da mañá.

Punto de Reunión: Colexio de Présaras as 10:45.
Aconséllase traer Gorra e Protector Solar.
RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS
Vilasantar
22-07-2016
O día 3 de agosto de 2016 pasarán a recoller residuos voluminosos.

Todos aqueles veciños que teñan residuos voluminosos deberán chamar ao Concello (981 778 169) para apuntarse. Non se recollerá voluminosos aos veciños que non estén anotados. Non se debe quitar nada para fóra ata que os chamemos para dar a orde que se poden quitar.
IV CAMPUS ALEX BERGANTIÑOS, EDUCA EN IGUALDADE PARA AXUDAR A CONCILIAR, EDUCANDO E XOGANDO
Vilasantar
18-07-2016 Visiten as fotografías das xornadas do Campus, no apartado de galerías fotográficas; onde os nenos realizaron diversas actividades como se amosan en cada álbum.
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO / OPOSICIÓN DUN PEÓN PARA UNHA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL (6 HORAS DÍA) PARA PARTICIPAR NOS TRABALLOS DO CONVENIO PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS D
Vilasantar
18-07-2016
LISTA DE ADMITIDOS

Os candidatos admitidos deberán presentarse o Martes día 19 ás 9.30 horas para realizar unha proba práctica.
PRÓXIMA RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS
Vilasantar
14-07-2016
Poden chamar ao Concello (981 778 169) para anotarse para a próxima recollida de voluminosos.
VIVE O CAMIÑO
Vilasantar
13-07-2016
29 de xullo ás 20:00h na pista polideportiva do Concello de Vilasantar.

Compañía Daboapipa Contos e Música co espectáculo Contos e Leiros.

Compañía Dani García co espectáculo Don Geloti.
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO / OPOSICIÓN DUN PEÓN PARA UNHA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL (6 HORAS DÍA) PARA PARTICIPAR NOS TRABALLOS DO CONVENIO PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS D

Máis novas



replicas relojes replicas de relojes
Concello de Vilasantar, © 2010 Todos os dereitos reservados | Aviso Legal | LOPD tfn 981 778 169 fax 981 778 166 mail correo@vilasantar.com